Quixera unha foto, unha imaxe que me trasmitira vida doce e agarimosa. Unha imaxe que trasmitira olores, que nela puidese zugar o zume da vida¡ Unha imaxe suculenta.
Que deixara fartas as barrigas e contentos os corazóns, unha imaxe idealizada necesito, que me trasmitise o fresco da noite, o calor do verán, o arecendo dos seráns sentada no aveiro da inercia. Unha imaxe que recorde a nenez, os tempos bos... Necesito unha fotografía que de sentido a sociedade maerializada e podre na que vivimos.... Necesito vagamente un imposible.
No hay comentarios:
Publicar un comentario